A Casa do Concello de Ribeira acolleu na tarde de onte a sesión plenaria correspondente ao mes de setembro. Había 16 puntos previstos na orde do día, que iniciou coa moción cidadá da ANPA Santa Uxía en defensa das reivindicacións da comunidade educativa do CEIP o Grupo, que contou co apoio unánime da corporación. Outra cuestión que se abordou foi a aprobación da conta xeral do exercicio do 2024.
A CORPORACIÓN DE RIBEIRA DEU LUZ VERDE Á CONTA XERAL DO 2024


