A Comisión Europea propuxo unha nova proposta para o Marco Financeiro Plurianual da Pesca onde se verán reducidas as achegas ao sector nun 67%. Esta medida está a ser moi criticada polos profesionais do mar e tamén polos dirixentes políticos. A conselleira do Mar, Marta Villaverde, celebrou que o Ministerio de Pesca seguira as directrices propostas por Galicia para crear un grupo de traballo conxunto con todas as autonomías, medida que a Xunta xa ten en funcionamento, para evitar o recorte.
A CONSELLEIRA DO MAR CELEBRA QUE O MINISTERIO ACOLLE AS PROPOSTAS GALEGAS PARA O FONDO EUROPEO ESPECÍFICO DE PESCA


