O Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou esta mañá na Conferencia Mundial sobre Políticas Culturais da Unesco, celebrada en Barcelona, onde destacou a candidatura da Ribeira Sacra como un recoñecemento ao seu valor cultural. O conselleiro asegurou que, tras cumprir todos os requisitos establecidos pola Unesco, a candidatura está na súa etapa clave, e as boas sensacións de cara á distinción en 2026 continúan sendo optimistas.
A XUNTA MANTÉN A SÚA CONFIANZA NA CANDIDATURA DA RIBEIRA SACRA PARA SER DECLARADA PATRIMONIO MUNDIAL POLA UNESCO.


