Icono del sitio CanalBarbanza.com

A XUNTA FACILITA A OBTENCIÓN DO CERTIFICADO SANITARIO ESIXIDO POLO ISM PARA PODER ENROLARSE NUN PESQUEIRO

A Consellería do Mar traballa da man das confrarías logo de que os responsables das entidades manifestaran as dificultades que había para obter o certificado sanitario esixido polo Instituto Social da Marina para poder enrolarse nunha embarcación. O departamento dirixido por Marta Villaverde está a impulsar unha serie de formacións para que as persoas que queiran traballar nun pesqueiro poidan obter este permiso. Onte estivo na sede de Seforgasa onde se clausurou un curso de seguridade básica.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil