Esta mañá desenvolveuse unha nova sesión do Consello da Xunta no que o Goberno galego afondou en diferentes cuestións. Para promover a emancipación da mocidade e impulsar aos concellos rurais, o Executivo galego concedeu 294 axudas aos mozos de menos de 36 anos para adquirir vivenda en municipios de menos 10.000 habitantes. A convocatoria lanzouse en xaneiro e conta cun orzamento de 2,3 millóns de euros.
A XUNTA IMPULSA AXUDAS DE 2,3 MILLÓNS PARA QUE A MOCIDADE ADQUIRA VIVENDA EN CONCELLOS PEQUENOS


