Icono del sitio CanalBarbanza.com

PRETO DE 20.000 PERSOAS ACOMPAÑARON AO NAZARENO NA PROCESIÓN DAS MORTALLAS

As festas do Nazareno veñen de protagonizar un dos actos máis seguidos a nivel galego que se viven na comarca: a procesión das Mortallas. Miles de persoas achegáronse onte á mañá á Pobra do Caramiñal para formar parte desta comitiva que percorre o municipio. Este ano cinco cadaleitos acompañaron ao Divino Nazareno e ducias de persoas realizaron o percorrido descalzas, portando velas ou vestidas coas túnicas moradas nunha das procesións máis emotivas que se celebran en Galicia.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil