O Consello de Ministros aprobou este martes un decreto que permitirá aos bombeiros forestais anticipar a súa xubilación ata cinco anos respecto á idade ordinaria. Trátase dunha medida que recoñece a dureza e o risco deste traballo.
Na rúa, a marioría da poboación ve con bos ollos esta decisión. Consideran que os bombeiros forestais merecen condicións especiais de xubilación, despois de décadas de traballo en condicións extremas.
O GOBERNO VÉN DE APROBAR UN DECRETO QUE PERMITIRÁ AOS BOMBEIROS FORESTAIS XUBILARSE ATA CINCO ANOS ANTES DA IDADE ORDINARIA


