A delegada da Xunta, Belén do Campo, visitou hoxe as casas rurais do Zuleiro e Perfeuto María, en Outes, para presentar a nova edición do ‘Outono Gastronómico en Turismo Rural 2025’. Un programa que contará con 78 establecementos adheridos en toda Galicia e que busca impulsar o turismo rural fóra da tempada alta.

