Deputación Da Coruña

O pleno de Lousame aproba destinar 342.000 euros a obras e 268.000 euros a gasto corrente do Plan Único da Deputación

O pleno municipal de Lousame aprobou na noite de onte, en sesión extraordinaria e urxente, o destino dos 611.019,48 euros do Plan Único da Deputación da Coruña. Lousame destinará 342.000 euros a obras, 268.000 euros a gasto corrente, 14.636,34 euros a abonar facturas pendentes e 12.774 euros a reducir débeda bancaria. Un plan que foi aprobado cos seis votos a favor do Grupo de Goberno e as cinco abstencións de PSOE, BNG e Terra de Lousame.

Por outra banda, os 177.525,93 euros destinados ao Plan de Aforro e Investimentos (PAI 2017) serán investidos en redución de débeda bancaria (12.774 euros) e no arranxo do camiño dende o cruce da planta de compostaxe da Mancomunidade ata Servia (164.751,93 euros), unha actuación prioritaria para o executivo.
En terceiro lugar, dos 165.140,4 euros da Achega 2016, un total de 14.636,34 euros destinaranse a pagar facturas de Fenosa e Gas Natural, mentres que os restantes 150.504,06 investiranse en dous proxectos con catro obras de reparación de estradas, no camiño entre o cruce de Ces e a subida a Fruíme e o camiño de Crons á Igrexa de Camboño, a mellora en rego asfáltico dos accesos a Pousada e a Berrimes.
Finalmente, o pleno municipal aprobou o Plan Complementario, orzamentado en 215.715,6 euros para dous proxectos. O primeiro, cunha dotación de 123.422 euros, contempla o arranxo do camiño entre Croído e Seoane e a mellora dos accesos a Figueroa. O segundo proxecto suporá o arranxo en formigón do vial principal de Carantoña e a segunda fase do acondicionamento do interior de Arxellas.
Todos os grupos municipais estiveron de acordo coa selección de obras do Plan Único, a discordancia chegou cando a alcaldesa explicou que este ano o concello de Lousame recibiría
107.438,15 euros menos da Deputación ca en 2016.

https://www.youtube.com/watch?v=joPXEw_ziGY

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.