Icono del sitio CanalBarbanza.com

A POLICÍA NACIONAL DECOMISOU A MADRUGADA DO SÁBADO UN GRAN ALIJO DE DROGA NA COMARCA DO BARBANZA

A Policía Nacional interceptou na noite do sábado un importante alijo de cocaína na Pobra do Caramiñal. Máis de 1.500 quilos de droga foron decomisados tras unha persecución que provocou que os traficantes perdesen parte da súa carga, deixando un rastro na vila.
Aintervención tivo lugar ao redor das catro da mañá, cando os narcotraficantes, que transportaban a droga nun coche con remolque, foron perseguidos por axentes da Policía Nacional. Durante a fuga, parte da carga caeu ao chan, deixando restos de cocaína nas rúas da Pobra.
Cartel de YouTube
A Policía Nacional non descarta que outra parte da droga fose transportada en vehículos distintos, que conseguiron fuxir do control. A operación tamén contou co apoio dun helicóptero da Policía Nacional, que realizou un seguimento desde o aire durante todo o sábado.
Horas despois, a Policía Local da Pobra localizou a tres individuos de nacionalidade colombiana, sospeitosos de estar relacionados co narcotráfico. Foron arrestados despois de que varios veciños alertasen das súas sospeitosas actuacións na vila. Os tres homes, que inicialmente aseguraron estar facendo o Camiño de Santiago, portaban mochilas con roupa mollada e restos de salitre, o que fixo levantar as sospeitas das autoridades.
Tras ser levados á comisaría de Ribeira para a súa identificación, os tres colombianos foron detidos como presuntos autores do narcotráfico. A súa versión non cadraba coas evidencias, e as autoridades traballan para confirmar se teñen relación co alijo de cocaína interceptado.
Por ende, a Policia Local localizou, na tarde do domingo, un segundo alijo de cocaína no término municipal. Con todo, entre o interceptado nos dous días, supéranse os 3.500kg de droga captados.
A investigación segue aberta e baixo secreto de sumario, á espera de analizarse todas as cámaras de seguridade do polígono pobrense de A Tomada, ademáis das grabacións realizadas no casco urbano polos dispositivos de tráfico.

Salir de la versión móvil