A Unión Europea aprobou recentemente unha nova normativa coa que se pretende reducir un 30% o desperdicio de alimentos nos supermercados, restaurantes e fogares para o ano 2030. A medida tamén establece que os países membros deberán reducir un 10% os residuos na cadea de procesamento e produción de alimentos. Os Estados membros teñen agora 20 meses para adaptar a normativa á lexislación nacional.
Cada europeo xera, de media, 132 quilos de residuos alimentarios ao ano. En España, tamén se fixo un avance importante, xa que o teletraballo e o uso de táperes contribuíron a reducir un 20% o desperdicio alimentario.
Con isto, os cidadáns teñen ideas propias de por que se producen estos desperdicios.
A UNIÓN EUROPEA VÉN DE APROBAR UNHA NOVA NORMATIVA PARA REDUCIR O DESPERDICIO ALIMENTARIO


