O Concello da Pobra do Caramiñal aprobou en pleno extraordinario, un investimento de preto de medio millón de euros a través do POS+ Adicional 2025 da Deputación da Coruña. Un paquete de obras que inclúe a reconstrución da sede do Club Remo Puebla e varias actuacións para mellorar a seguridade viaria en diferentes puntos do municipio.
A principal partida, de case 275.000 euros, irá destinada á recuperación da nave do Remo Puebla, situada no paseo marítimo e inutilizada tras o incendio do pasado xaneiro. O proxecto contempla a demolición, a retirada de escombros e a posterior reconstrución con renovación integral da cuberta, portas e ventás. Asimesmo, aclaran que o financiamento que deposita a Deputación da Coruña, utilizaranse para unha ampliación da nave en canto esté reconstruida.

