Esta mañá clausurouse o Congreso Anual de AJE Galicia, celebrado en Ferrol. Baixo o título “Construíndo futuro: reconversión empresarial e impulso do rural” afondouse na importancia das zonas menos poboadas para impulsar o emprego. Esta idea compartiuna o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que afirmou que para avanzar en economía hai que dotar ao rural de servizos imprescindibles.
O PRESIDENTE DA XUNTA REIVINDICA A IMPORTANCIA DE INVESTIR NO RURAL GALEGO PARA QUE SE XERE EMPREGO


