Porto do Son segue a celebrar as súas festas do Carme con devoción, gañas e moito ánimo festeiro. E é que no día de hoxe, a xornada non dou pé a quedarse na casa.
A virxe de San Loreto foi a principal protagonista coa misa na súa honra. Esta estivo acompañada pola Banda de Música de Caamaño, quenes puxeron ton á entrada en procesión dos párrocos e autoridades oficiais, coa figura de San Loreto presidindo e arroupada pola devoción de centos de fieis.
Tras o acto relixioso, o ambiente trasladouse ao campamento Loreto, onde veciños e visitantes gozaron dunha tradicional sardiñada popular que, para moitos, estaba insuperable.
PORTO DO SON VIVE INTENSAMENTE AS FESTAS DO CARME


