Icono del sitio CanalBarbanza.com

PORTO DO SON VOLVEU SER TESTIGO DUNHA TRADICIÓN PROFUNDAMENTE ARRAIGADA

No día de hoxe, Porto do Son foi escenario dunha importante xornada de devoción e solidariedade. En honra á Virxe do Carme, centos de veciños se reuniron no porto para lembrar a todos os mariñeiros que faleceron no mar.
A celebración comezou ás 10:30h da mañá coa saída da Virxe do Carme en procesión dende a Capela de Atalaia ata a explanada portuaria, onde se atopaba ubicada unha gran carpa que acollería a misa solemne.
O acto relixioso estivo acompasado pola música da Banda de Música de Caamaño, que acompañou cada momento cunha sonoridade solemne. Ao rematar a misa, todos os asistentes participaron na procesión, trasladándose en corteo ata o barco que levaría a figura da Virxe para dar comezo á tradicional procesión marítima. A xornada pechou cun emotivo tributo aos falecidos no mar, cunha ofrenda floral que flutuou sobre as augas da ría.
O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, quen tamén fixo acto de presenza no evento, resaltou a importancia que ten este día, para o municipio.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil