Icono del sitio CanalBarbanza.com

UN TOTAL DE 1.113 NOVOS DOCENTES INCORPORÁRONSE HOXE AO SISTEMA EDUCATIVO GALEGO TRAS APROBAR AS OPOSICIÓNS DESTE VERÁN

A Xunta de Galicia deu hoxe a benvida ao 1.113 novos docentes que se incorporan este curso ao sistema educativo galego, tras superar as oposicións celebradas este verán. Máis de 300 mestres de Infantil e Primaria iniciaron hoxe a súa xornada formativa na Cidade da Cultura, onde o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, quixo felicitar aos novos docentes polo seu esforzo.
Román Rodríguez destacou a importancia de ofrecer estabilidade ao profesorado e mellorar as condicións de traballo, lembrando que a Xunta convozou este ano o máximo número de prazas posibles, mantendo a interinidade docente por debaixo do 5%, un dos índices máis baixos o Estado.
O conselleiro tamén quixo reforzar o papel do docente como piar fundamental do sistema educativo e asegurou que o éxito deles será, á súa vez, o éxito de Galicia.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil