Icono del sitio CanalBarbanza.com

O NOVO GOBERNO DE NOIA COMEZARÁ A ELABORAR OS ORZAMENTOS PARA O 2026

O pasado mes de agosto houbo un cambio no goberno de Noia. O novo executivo leva dende o 11 de agosto traballando en diferentes cuestións que afectan ao funcionamento do concello e aos servizos municipais, para mellorar todos os aspectos. O apartado económico está nun momento complexo xa que hai débeda e faltan por executarse proxectos. O orzamento está esgotado, salvo partidas para pagar as nóminas, polo que o equipo de goberno traballa para elaborar no novo documento para o vindeiro ano.

Salir de la versión móvil