Tras a devastadora vaga de lumes que azoutou Galicia este verán, a Xunta de Galicia anunciou un ambicioso paquete de medidas para apoiar a reconstrución das zonas afectadas. O presidente autonómico, Alfonso Rueda, confirmou hoxe nun Consello extraordinario a aprobación das axudas que entrarán en vigor este mesmo luns, 1 de setembro.
As persoas afectadas poderán solicitalas forma inmediata en 16 oficinas de atención distribuidas por toda Galicia. Un equipo de medio centenar de empregados públicos estará ao dispor dos afectados para resolver dúbidas e tramitacións.
A XUNTA HABILITA AS AXUDAS PARA A RECONSTRUCIÓN DAS ZONAS AFECTADAS POLOS INCENDIOS


