Icono del sitio CanalBarbanza.com

OS REIS VISITARON NO DÍA DE HOXE O CENTRO DE COORDINACIÓN DO DISTRITO FORESTAL XIV, EN VERÍN, CON MOTIVO DUN ENCONTRO COS VECIÑOS AFECTADOS POLOS INCENDIOS E POR VALORAR AS ZONAS DAMNIFICADAS

Os Reis, Felipe VI e Letizia, visitaron hoxe a comarca de Monterrei, unha das máis afectadas polos incendios forestais. Comezaron no Centro de Coordinación do Distrito Forestal XIV, en Verín, onde agradeceron a labor admirable dos equipos de extinción galegos, incluíndo bombeiros, axentes medioambientais, UME e outras forzas de seguridade. Estiveron acompañados polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e pola conselleira do Medio Rural, María José Gómez.
Tras esta parada, achegáronse a unha explotación gandeira en Cualedro, e finalizaron o percorrido co seu encontro cos veciños na aldea de Medeiros, no concello de Monterrei, nun emotivo baño de masas no colexio público local. Alí, os Reis transmitiron proximidade e apoio á poboación afectada, lembrando a importancia de aprender da crise e reforzar a resiliencia fronte aos incendios.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil