O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, participou esta mañá xunto coa conselleira de Infraestruturas, María Martínez Allegue, no acto da finalización da primeira fase das obras de mellora da estrada LU-651 en Folgoso do Courel. Na súa intervención o presidente da Xunta anunciou que se poñerán en marcha 16 oficinas en toda Galicia para prestas atención directa ás persoas afectadas polos incendios forestais.
A XUNTA ABRIRÁ 16 OFICINAS EN TODA GALICIA PARA ATENDER CON AXILIDADE ÁS PERSOAS AFECTADAS POLOS INCENDIOS


