As festas de San Bartolomeu de Noia chegaron onte ao seu fin cun completo programa de actos. A xornada iniciaba ás 19:30 da tarde cunha misa en honra a San Roque, un evento que reuniu a numerosos fieis e que culminou cunha procesión polas rúas acompañada por unha banda de música local.
Xa entrada a noite, a música foi protagonista coa actuación do grupo A Misela e a orquesta Marbella, quenes conseguiron agrupar a centos de persoas no Curro e na propia Alameda.
Pero o que puxo o verdadeiro broche final foi o espectáculo de fogos artificiais, os cales pecharon uns días de celebración que encheron a vila de Noia de tradición, música diversión.
AS FESTAS DE SAN BARTOLOMEU PECHAN A SÚA EDICIÓN CUNHA MISA, ACTUACIÓNS MUSICAIS E UN ESPECTACULAR FIN DE FESTA DE FOGOS ARTIFICIAIS


