Icono del sitio CanalBarbanza.com

NOIA RECORDOU O PASADO CON “HOMBRES DE PAZ EN GUERRA”, LIBRO DE MANUEL MILLARES VÁZQUEZ QUE SE PRESENTOU NO CASINO NOIÉS

Sábado de cultura en Noia. A vila, inmersa nas festas de San Bartolomeu, contou tamén cunha cita coa literatura e a memoria coa presentación do libro “Hombres de paz en guerra” do xornalista Manuel Millares Vázquez. Noiés de nacemento, emigrou cos seus pais a Cuba cando tiña 8 anos, regresou de maior a España, morrendo en Madrid no 1985. Foi xornalista e ao longo da súa carreira escribiu diferentes libros, un deles “Hombres de paz en guerra” no que recolle a vida dun miliciano na guerra civil española, Ángel Pérez “de Sestelo” e o seu fillo, que participou na contenda dentro das Brigadas Internacionais. Agora recupérase esta novela publicada no 1938 grazas á unión das familias do escritor e do protagonista da historia.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil