Os bateeiros, confrarías e acuicultores que fomenten unha actividade sustentable poderán beneficiarse de achegas por importe de 8 millóns de euros

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de 2017 das axudas para investimentos que fomenten unha acuicultura sustentable dende o punto de vista medioambiental. Así, os bateeiros e confrarías e as empresas acuícolas que teñan algunha concesión de acuicultura poderán solicitar as achegas por valor de 8 millóns de euros que convoca hoxe a Consellería do Mar. Estas subvencións serán cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

Poderán acollerse ás axudas os produtores de mexillón en batea e tamén aquelas confrarías e empresas que teñan concesións de acuicultura e que teñan interese en mellorar a súa actividade. Poderase subvencionar ata o 50% das inversións que realicen as microempresas, pequenas ou medianas empresas –con menos de 250 empregados e cun volume de negocio anual igual ou inferior a 50 millóns de euros- e ata o 30% dos investimentos que realicen as grandes empresas.

Nesta liña, serán obxecto de axuda aqueles proxectos que promovan investimentos produtivos que opten por diversificar a produción acuícola e a modernización das instalacións, tales como bateas. Tamén as inversións que axuden a aumentar a produtividade e competitividade das empresas mitilicultoras e acuícolas mediante o desenvolvemento de actividades complementarias, aqueles que redunden na mellora das condicións de traballo e de seguridade dos traballadores e tamén no benestar, e por ende a calidade, das especies que se cultiven nas instalacións.

https://www.youtube.com/watch?v=Tc-MzuOQ9V0

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.