No día de hoxe, o Concello de Ribeira levou a cabo unha rolda de prensa para informar sobre a situación respecto ao abastecemento de auga. A concelleira de Servizos Municipais, Tania Rodríguez, agradeceu á veciñanza de Ribeira a súa colaboración para reducir o consumo de auga, pero destacou que a situación continúa sendo delicada debido á escaseza de precipitacións e ao aumento da demanda de auga co incremento do turismo.
RIBEIRA ALERTA DA DELICADA SITUACIÓN NO ABASTECEMENTO DE AUGA E INTENSIFICA AS MEDIDAS CONTRA A SECA


