Icono del sitio CanalBarbanza.com

RIBEIRA BERROU “LUMES NUNCA MÁIS” NA CONCENTRACIÓN NA QUE SE REXEITOU A POLÍTICA FORESTAL PROMOVIDA POLA XUNTA

A praza do Concello de Ribeira encheuse na tarde de onte de persoas que se sumaron á rede de protestas que se desenvolveron por toda Galicia para pedir unha política forestal que protexa os montes. Preto de 300 persoas secundaron a concentración que se realizou no municipio ribeirense para reclamar máis atención aos montes e previr lumes como os que veñen de asolar 150.000 hectáreas nos incendios rexistrados nas últimas semanas.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil