O Executivo autonómico, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar o contrato de explotación, mantemento e conservación da estación depuradora de augas residuais da Pobra. Unha das súas principais funcións será ter a punto as instalacións, tanto para a súa explotación como para a conservación das mesmas. Feito que o alcalde do municipio, José Carlos Vidal, ve moi positivo.
A XUNTA CONTINUARÁ XESTIONANDO A EDAR DA POBRA DO CARAMIÑAL


