O deporte náutico segue a acaparar os focos no calendario da comarca. O Real Club Náutico de Portosín organiza a súa proba con máis historia e unha das máis lonxevas de Galicia, a XXXVII Regata Mar de Finisterre e nela disputarase o XI Trofeo Pitusa Sabín. A vicepresidenta do náutico sonense, Pepa Castro, agradeceu a Pitusa Sabín e a Jacinto Hernández o seu apoio e colaboración co club.

