Icono del sitio CanalBarbanza.com

E PORTOSÍN DESFRUTOU DAS SÚAS FESTAS DO CARME

As celebracións sucédense cada fin de semana e as festas non faltaron ao longo e ancho da comarca. Portosín foi un dos puntos que contou cunha gran actividade grazas á súa celebración do Carme. O municipio comezou con gañas os festexos que xa se iniciaron o venres e puxeron onte domingo o seu punto e final coa xornada principal onde se homenaxeou á patroa dos mariñeiros.

Ás 10.30 horas da mañá do domingo saíu da igrexa de Portosín a procesión coa Virxe do Carme protagonizando o desfile. A comitiva pasou por diferentes puntos da vila ata chegar ao peirao, onde se desenvolveu a misa na honra da patroa dos mariñeiros.

Salir de la versión móvil