Conde sinala que o obxectivo da Xunta é acelerar a creación de emprego para seguir mellorando o benestar dos galegos

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou esta mañá no Parlamento que o principal obxectivo da Xunta para esta lexislatura é acelerar a creación de emprego para seguir mellorando o benestar dos galegos e galegas. Apuntou tamén o conselleiro á consolidación do crecemento económico e á aposta pola innovación como retos fundamentais de cara a 2020 para facer de Galicia a mellor terra onde investir, traballar e vivir.
Conde, que compareceu ante o Pleno para explicar as liñas estratéxicas do seu departamento, sinalou entre as principais medidas as destinadas a consolidar Galicia como sinónimo de Industria 4.0.

https://www.youtube.com/watch?v=oorJCMDs8eg

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.