Icono del sitio CanalBarbanza.com

ALFONSO COSTA E JOSÉ LUIS VEIRAS, FILLOS ADOPTIVOS DE LOUSAME

A igrexa parroquial de Camboño acolleu na tarde noite de onte un acto moi agardado. A corporación de Lousame acordou por unanimidade no último pleno recoñecer a Alfonso Costa e a José Luis Veiras Manteiga como fillos adoptivos. Os dous residen na parroquia de Camboño polo que onte a igrexa foi o escenario escollido para este acto no que tamén se recoñeceu as súas traxectorias no mundo da arte.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil