Unha aula móbil informativa achegouse o sábado ata o Malecón de Ribeira para incidir na importancia da reciclaxe. Numerosos veciños e veciñas aprenderon a realizar unha reciclaxe correcta nos seus fogares, grazas ós consellos ofrecidos pola monitora ambiental, Silvia Conde.
Trátase dunha acción promovida por Sogama, Ecoembes e Xunta de Galicia coa colaboración do Concello que busca fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e reciclaxe.