Campaña especial de velocidade en Ribeira. A Policía Local, en coordinación coa Dirección Xeral de Tráfico, realizará diferentes controis de velocidade en diferentes puntos do concello. O obxectivo que se persegue con esta iniciativa é principalmente reforzar a seguridade viaria, reducir o risco de accidentes e fomentar o respecto polos límites de seguridade fixados para salvar vidas.
A POLICÍA LOCAL DE RIBEIRA COLABORA COA DXT INTENSIFICANDO OS CONTROIS DE VELOCIDADE


