O calor e a falta de chuvia danse a man nestas xornadas polo que a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, fixo un chamamento para recordar a importancia de coidar un recurso tan escaso como é a auga. A titular do departamento anunciou na tarde de onte en Porto do Son que a Xunta lanzará neste mes unha nova campaña para sensibilizar e concienciar á cidadanía da relevancia de facer un uso responsable e eficiente da auga. Recurso que pode escasear
ÁNGELES VÁZQUEZ PROMOVE EN PORTO DO SON O USO RESPONSABLE E EFICIENTE DA AUGA


