Icono del sitio CanalBarbanza.com

PORTO DO SON BRILLOU COMO NUNCA NA SÚA FESTA HORTERA

A Festa Hortera de Porto do Son encheuse de glamur e diversión os pasados 1 e 2 de agosto. Freddie Mercury regresou en versión múltiple para liderar a celebración na fachada marítima da vila costeira.
O evento estivo no seu auxe en todo momento: música, karaoke, carreira de tacóns ou a festa da espuma fixeron que os visitantes non se aburriran, deixando claro que esta edición foi unha celebración total de colorido e humor hortera. O ambiente foi interxeracional, cun público entregado ao espíritu festivo da cita.
Entre cantos, disfraces e luces, Porto do Son viviu unha auténtica explosión de alegría que levou o espíritu de Queen a multiplicarse por toda a festa. Un éxito que promete repetirse o vindeiro ano.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil