O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, visitou as instalacións da adega A Terriña, en Petín, Ourense. Nese escenario puxo en valor o papel transformador do enoturismo e a súa potencia como motor económico e social do rural da comunidade. Rueda recordou que a Xunta aposta por un turismo sostible, competitivo e vinculado á identidade galega polo que anunciou unha nova liña de axudas para que os establecementos do sector melloren a súa mobilidade sostible.
A XUNTA APOSTA POLO ENOTURISMO CON NOVAS AXUDAS QUE ASCENDEN A 3,5 MILLÓNS DE EUROS DESTINADOS Á MOBILIDADE SOSTIBLE


