O Concello informa da apertura do prazo de licitación dos postos da segunda e da terceira planta (máis terraza) do novo mercado municipal de Riveira. Os interesados poden presentar as súas ofertas nos seguintes 30 días naturais.
O prazo de concesión dos postos ou locais será de 30 anos, prorrogable por outros cinco. O procedemento é aberto con multiplicidade de criterios de adxudicación e a tramitación, ordinaria.
https://www.youtube.com/watch?v=6namLHgG6Fo