Véñense tempos de cambios en Noia. A vila vivirá un troco no seu Goberno local xa que despois de semanas de rumores, fíxose efectiva a presentación da moción de censura respaldada por BNG, PSOE, Marea e Luis Alamancos, concelleiro que en outubro abandonou o PP. Agora únense para que haxa un cambio na localidade da man do futurible novo alcalde, o socialista Francisco Pérez. O actual rexedor, Santiago Freire, afirma que ata o de agora descoñecen as razóns que levaron a Alamancos a abandonar o goberno, deixando en minoría ao PP e ao Noia, e uníndose agora á oposición para cambiar o executivo.
NOIA CAMBIARÁ DE GOBERNO LOGO DA PRESENTACIÓN DA MOCIÓN DE CENSURA


