Galicia traballa por seguir sendo unha das comunidades que pagan con maior axilidade aos provedores e reducirá o tempo de pago a unha media de dez días

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirmou que o Goberno galego vai seguir traballando por que Galicia sexa unha das comunidades de réxime común que paga con maior axilidade aos seus provedores e cumprirá o obxectivo de reducir o tempo de pago a unha media de dez días, é dicir, á metade do que o fixo o pasado ano.
Como lembrou o vicepresidente da Xunta, na actualidade Galicia é a terceira comunidade de réxime común que paga con maior axilidade aos seus provedores e o período medio de pago en 2016 baixou aos 21 días. Isto significa que a Administración autonómica atende con normalidade os seus 17.600 provedores, cos que só o ano pasado abonou máis de 609.000 facturas por importe de 3.054 millóns de euros.

https://www.youtube.com/watch?v=RlANYTbikXk

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.