Porto do Son pechou onte con éxito unha nova edición da súa Feira Celta, que durante tres días encheou o centro da vila de música, artesanía, gastronomía e espectáculos máxicos para todas as idades.
Máis de 100 postos e milleiros de visitantes déronse cita nun evento que, co bo tempo como aliado, fixo vibrar o municipio do Son con pasarrúas, espectáculos de lume, contacontos, danza e concertos como os de Awen, Gálata ou Triskelion.
O Concello destacou a alta participación veciñal e a variedade da programación, con espazos pensados tanto para maiores como para os máis pequenos.
A combinación de tradición, cultura e animación fixo que tanto veciños como visitantes desfrutaran dunha experiencia inesquecible.
PORTO DO SON VOLVEU VIAXAR AO PASADO ESTA FIN DE SEMANA CUNHA NOVA EDICIÓN DA SÚA FEIRA CELTA


