O Concello de Lousame celebrará o seu Festival de Entroido o sábado 25 de febreiro no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra

O Concello de Lousame celebrará o próximo sábado 25 de febreiro o seu Festival de Entroido, que terá lugar entre as 17:00 e as 20:00 horas no pavillón municipal “Pilar Barreiro Senra” (A Silva). Un festival que mantén o modelo probado con éxito o pasado ano: non haberá Concurso de Disfraces, que pasará a converterse nun Desfile de Disfraces.

O Desfile de Disfraces estará aberto a nenos e nenas de ata 16 anos, distribuídos en catro categorías: de 1 a 5 anos, de 6 a 10 anos, de 11 a 13 anos e de 14 a 16 anos. As inscricións poden realizarse o mesmo día do festival, en horario de 16:30 a 17:30 horas, no polideportivo municipal. Todos os nenos/as que veñan disfrazados recibirán un agasallo.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.