Rueda avanza un novo programa de formación e emprendemento no rural que beneficiará a 13.000 persoas

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou hoxe, na rolda de prensa do Consello, un novo programa de formación e emprendemento no rural que, cunha achega de 30 millóns de euros, beneficiará a 13.000 persoas.
Rueda precisou que esta iniciativa, dirixida aos 241 concellos que están declarados como zonas pouco poboadas e que agrupan arredor do 27% da poboación, contará con cinco medidas fundamentais para o apoio ao emprendemento e outras cinco para impulsar a formación.
No tocante ao emprendemento, destacou a posta en marcha do Programa Galicia Emprende Rural, unha nova actuación do Igape dotada con 2,5 millóns de euros para promover a diversificación e creación de novas empresas non agrícolas no rural.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.