A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, reuniuse esta mañá co alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, e técnicos da Corporación local para estudar a situación dos núcleos costeiros delimitados no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), aprobado definitivamente en abril de 2016. A responsable do departamento autonómico analizou con eles a situación deses núcleos dende a perspectiva sectorial da Lei de Costas.
Ademais, durante o encontro, realizaron un balance dos primeiros meses de vixencia do PXOM e coincidiron en subliñar o importante avance que supuxo para Porto do Son contar cun planeamento xeral aprobado definitivamente. Neste senso, a directora xeral lembrou que un concello con plan xeral é un concello con futuro, pois dispón dunha folla de ruta que indica non só cara a onde crecer, senón como facelo dun xeito ordenado, controlado e respectuoso.
Encarnación Rivas reiterou a plena disposición dos técnicos da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo para seguir colaborando e prestando asesoramento técnico aos concellos galegos na elaboración dos seus plans de ordenación.
https://www.youtube.com/watch?v=R78H6a1UpLY