Os centros educativos de Rianxo contan un ano máis con problemas a resolver antes de comezar o novo curso escolar. Necesidades a nivel pedagóxico como desdobres de aulas ou contar con especialistas repítense, por exemplo no CEP Brea Segade. O alcalde do municipio, Julián Bustelo, lamentou a situación pola que están a pasar novamente os colexios rianxeiros.
O CONCELLO DE RIANXO DEMANDA A EDUCACIÓN QUE SE SOLUCIONEN OS PROBLEMAS DOS CENTROS DE ENSINO DO MUNICIPIO


