O cerco está agora mesmo inmerso na pesca da sardiña e por sorte o bo tempo está a protagonizar as xornadas deste verán. Sen embargo no inverno a meteoroloxía non dá moita tregua e os cerqueiros de menor tamaño son os que saen máis prexudicados. Situación que puxo sobre a mesa o patrón maior de Portosín, Isaac Gaciño.
O SECTOR PIDE IGUALDADE DE CONDICIÓNS Á HORA DE PODER PESCAR CANDO HAI MAL TEMPO


