Icono del sitio CanalBarbanza.com

A POBRA PEDALEOU PARA O CLUB DE REMO

A mañá do domingo pequenos e maiores encheron as rúas da Pobra para participar nunha nova edición do Día da Bici no municipio. Esta XXXIII cita foi tamén solidaria e especial xa que as pedaladas ían para o Club de Remo Puebla. O pasado 5 de xullo a sede do club foi pasto das lapas, lume que consumiu as instalacións, as embarcacións e o material do que dispoñían. Por iso este ano o Día Da Bici Solidaria, organizado polo departamento de Deportes local, foi destinado ao club, para que o recadado sirva de apoio e axuda para poder recuperarse o antes posible.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil