O verán avanza e con el os movementos de altas e baixas de xogadores no CF Noia. O conxunto da comarca disputará novamente a Terceira RFEF e quere facelo con garantías para pechar unha campaña máis a súa permanencia. O primeiro troco de nomes anunciado foi no banco xa que Iván Carril deixou de ser o adestrador do equipo, cargo que ocupa agora Alberto Mariano.
O CF NOIA CONFECCIONA XA A SÚA PLANTILLA PARA A 25/26


