Ante as continuas subas do prezo da electricidade e logo dos últimos cortes de luz producidos por mor do temporal, pero que se prolongaron durante días por falta de resolución das eléctricas, o BNG retoma a sua petición dunha tarifa eléctrica galega. Afirman que os galegos sendo excedentarios de electricidade e vendo que as compañías se aproveitan dos nosos recursos deberíamos contar cunha tarifa especial. E presenta unha moción solicitando á Xunta de Galicia a apertura de expediente as eléctricas polos cortes de luz que se prolongaron no tempo causando grandes prexuízos a moitos galegos.
https://www.youtube.com/watch?v=LCke9AnUENE