A Xunta impulsará a prevención e a detección de situacións de violencia de xénero nas comunidades veciñais co obxectivo de seguir implicando á toda a sociedade na loita contra esta lacra e no apoio ás vítimas. Ese é o principal obxectivo do convenio de colaboración asinado hoxe na Coruña polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o presidente do Colexio Oficial de Administradores de Fincas de Galicia (COAFGA), Martín Bermúdez de la Puente; e a representante da Asociación española de auditores socio-laborais (CEAL) en Galicia, María Ángeles García.
Grazas a este convenio, apoiarase a prevención e detección de situacións de violencia de xénero nas comunidades de propietarios e propietarias nas que estean presentes os administradores de fincas. O Goberno galego encargarase de distribuír material informativo e de sensibilización a prol da eliminación da violencia contra as mulleres, un delito que en numerosas ocasións ocorre na intimidade dos fogares, polo que é preciso da colaboración de todos os axentes, entidades e persoas.
A Xunta promove a prevención e detección da violencia de xénero nas comunidades veciñais
Please login to join discussion