O vindeiro sábado dia 18 de Febreiro nas pistas de Atletismo da Alta, na Pobra do Caramiñal, o responsable de lanzamentos da Federación Galega de Atletismo das especialidades de xavalina, peso e disco Raimundo Fernández, estará nas mesmas organizando unha xornada técnica de portas abertas para todos aqueles atletas e técnicos que desexen acudir ás mesmas. Xunto ó responsable do sector acudirán os xavalinistas internacionais Manuel Uriz e Borja Barbeito os cales compartirán sesións técnicas cos asistentes
Os horarios da xornada serán a partir das 11.30 horas non sendo preciso confirmar para asistir.
https://www.youtube.com/watch?v=gJZZ7_Zu-9c