Novo episodio violento en Ribeira. Eran preto das 11.30 horas cando en pleno centro se produciu unha nova pelexa na que un mozo cravoulle unha navalla a outro. A Policía Nacional tivo que intervir e detivo ao presunto portador da arma branca.
A POLICÍA NACIONAL DETIVO TAMÉN ESTA MAÑÁ EN RIBEIRA A UN MOZO POR APUÑALAR A OUTRO PRETO DA CASA DO CONCELLO


